A independencia enerxética é o primeiro paso cara á exportación de enerxía como materia prima.
Utilizaríamos aeroxeradores de eixe vertical xa existentes no mercado para poder ofrecer en calquera momento novos modelos máis competitivos, que nos permitan ofrecer sempre tecnoloxía de vangarda.
O custo dos paneis solares flexibles redúcese drásticamente cada xeración, facendo así productos cada vez máis competitivos, o que nos permitirá centrarnos na experiencia do cliente.
O noso sistema de links de referido dará ventaxas tanxibles ós usuarios cambio das seus testemuños.
Empregarémolas para aumentar o efecto de rede
Calquera edificio de vivendas, centro comercial, estadio ou parking, pode aumentar a súa rentabilidade gracias ós nosos dispostivos.
Xerarán ingresos pasivos sen esforzo.
Ideais para vivendas separadas, marcando o camiño cara a independencia enerxética.
Aumentará o valor de reventa da vivenda por enriba do prezo de instalación.
Os sistemas de alumado e sinalización dos municipios pódense converter en fontes de enerxía no canto de consumila.
Os centros oficiais de traballo poderán ser un exemplo de sostenibilidade.
A maioría das carreteras xa dispoñen da infraestructura axeitada para aloxar estes dispositivos, reducindo o custo de instalación.
Hai que ter presente que sempre se poden combinar con alternativas tradicionais.
Para nós isto é unha ventaxa.
Menor variación entre verán e inverno ademáis de noite e día, reducindo o estrés sobre a rede nacional y na carteira do usuario.
Redúcese a cantidade de baterías necesarias cando o obxectivo sexa a independencia enerxética.
Totalmente seguras para o medio ambiente xa que non produce ruidos molestos para os inquilinos como sucede coas turbinas tradicionais.
Ó ser de eixe vertical tampouco producen vibracións que poidan afectar ós alicerces da vivenda.
Debido ó pequeno tamaño dos dispositivos pódense colocar en calquer lugar, podendo dar lugar a estructuras que medren en todas as direccións do espazo no caso de que o usuario así o desexe.
Cada usuario poderá ampliar a súa capacidade de xeneración de forma progresiva ata conseguir a independencia enerxética.
O usuario poderá tramitar todo a través dunha APP. Terá a opción de solicitar un instalador a través da mesma.
A aplicación será de subscrición, disporá de micropagos e características premium. Se os usuarios comparten os seus testemuños, desfrutarán das funcións básicas de forma gratuíta.
A independencia enerxética é o primeiro paso cara a exportación de enerxía como materia prima.
O cambio climático aféctanos a todos e Galicia ten o potencial para situarse á cabeza da transición de consumidores a productores.
En Galicia hai máis de 1,5 millóns de vivendas individuais. No ano 2021 contaba con 866 instalacións solares dedicadas ó autoconsumo, fronte ás 499 de 2020.
O tamaño do mercado mundial de aeroxeradores valorouse en 53.400 millóns de dólares en 2020 e prevese que alcanzará os 98.400 millóns de dólares en 2030.